• logotipo de academia

    TEMPOS Centro de Estudos

    • Cursos Presenciales de

      E.S.O., Bachillerato y Selectividad

    • Centro de estudo reforzo escolar
    • Clases de idiomas
    • Técnicas de estudo
    • Reveriano Sutullo, 3 - 1B
    • Ponteareas

      - 36860 (Pontevedra)

  • quiero +info sobre



  • info del centro TEMPOS Centro de Estudos

    TEMPOS é un centro de estudos multidisciplinar, situado nunha das rúas máis céntricas de Ponteareas, que ofrece un gran número de servizos e actividades relacionadas coa educación e a formación enfocadas a alumnos de todas as idades. Entre elas, destacan talleres infantís de diferente índole, clases de reforzo escolar ou cursos de idiomas.

    Os docentes altamente cualificados de TEMPOS imparten aulas de Reforzo Escolar para alumnos de todos os cursos, nas que poderán afianzar coñecementos e despexar dúbidas para así obter bos resultados a final de curso. A atención é personalizada e os grupos son reducidos.
    Durante os meses de verán, impartimos clases de recuperación para superar os exames de setembro e, para aqueles rapaces con algún tipo de dificultade de aprendizaxe, TEMPOS ofrece clases especiais de Técnicas de Estudo e programas de psicomotricidade, logopedia, comprensión lectora e dislexia.

  • cursos de E.S.O., Bachillerato y Selectividad en TEMPOS Centro de Estudos

    • Centro de estudo reforzo escolar
    • Clases de idiomas
    • Técnicas de estudo
  • otros datos de interés

    O centro de estudos TEMPOS tamén ofrece clases de Idiomas enfocadas a alumnos de todas idades. Dende os catro anos, os máis pequenos da casa poden asistir a clases “English for Kids” e aprender inglés dun xeito conversacional, con material didáctico audiovisual e dixital, mesturando xogos tradicionais con outras actividades tamén moi divertidas.
    Para os máis novos, a variedade de actividades extraescolares é moi ampla, ademais do inglés para peques, o centro organiza periodicamente Talleres Infantís de educación ambiental, teatro, contacontos, etc.
    TEMPOS tamén prepara a xente nova ou adulta que desexe presentarse a exames oficiais de inglés, francés, galego ou español como lingua estranxeira. Ademais, realizamos Traducións especializadas e xuradas nun amplo abano de combinacións lingüísticas.

    Os cursos de idiomas non son a única actividade formativa destinada aos adultos, TEMPOS tamén organiza cursos intensivos de diferente índole e que poden ser de gran interese como o de Técnicas de busca de emprego. Tamén preparamos os Exames Oficiais de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de acceso a Graos Medio e Superior e de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.